A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) seleccionou a MARTELA FILMS por segundo ano consecutivo como unha das nove productoras emerxentes que formaron parte da delegación audiovisual galega que participou na sección Meet Them! do Festival Internacional de Cine de San Sebastián (SSIFF 71) formando parte das actividades profesionais e espazos de networking que se desenvoltaron tanto na Industria como no Museo de San Telmo, sede do Foro de Coprodución.
Rosa Taboada, creadora de MARTELA, fora seleccionada anteriormente polo director Víctor Erice para formar parte dun Obradoiro de Realización Audiovisual no que, baixo a sua supervisión, dirixe e realiza a curtametraxe “Os Paraísos Artificiais” que posteriormente acada a distinción de “Finalista” no recoñecido certame “Premio de Creación Fotográfica Luis Ksado” na súa XIV edición.