PRENSA

“MARTELA FILMS” INVITADA POR EL FESTIVAL DE CINE DE SAN SEBASTIAN SSIFF71

A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) seleccionou a MARTELA FILMS por segundo ano consecutivo como unha das nove productoras emerxentes que formaron parte da delegación audiovisual galega que participou na sección Meet Them! do Festival Internacional de Cine de San Sebastián (SSIFF 71) formando parte das actividades profesionais e espazos de networking que se desenvoltaron tanto na Industria como no Museo de San Telmo, sede do Foro de Coprodución.

Rosa Taboada, creadora da produtora, fora seleccionada polo director Víctor Erice para formar parte dun taller de realización audiovisual en 2017 no que, baixo a sua supervisión, realiza a curtametraxe de ficción “Os paraísos artificiais” que posteriormente acada a distinción de “finalista” no recoñecido certame “Premio de Creación Fotográfica Luis Ksado” na súa XIV edición.