PRENSA

PREESTREA DA CURTAMETRAXE “BARXACOVA” na ribeira sacra

O venres 11 de agosto de 2023 tivo lugar a preestrea da curtametraxe “BARXACOVA dentro da programación do cinema de verán do concello de Parada de Sil (Ourense). O acto contou coa presenza da directora do filme, Rosa Taboada, o actor Alfonso Míguez e o guionista Xosé Gallego. Parada foi o lugar elexido para realizar a preestrea por ser o Concello no que tivo parte a rodaxe e da título á curta (Necrópole de S. Vítor de Barxacova) ademais de apoiar á producción da mesma.

Filmada en espazos naturais da Ribeira Sacra cunha equipa técnica moi reducida co fin de realizar unha produción sostenible e responsable co medio ambiente (“Green Film”), a rodaxe tivo lugar en dous momentos estacionais (outono e primaveira) que recollen a beleza da paisaxe e a converten nunha protagonista mais da historia.

“BARXACOVA” foi seleccionada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) para formar parte do catálogo “SHORTS FROM GALICIA” con presenza no “45ème Festival du court métrage de Clermont-Ferrand”. Tanto na curta coma o cartaz conteñen imaxes de pinturas de Lesley Seeger, pintora británica que residiu na casa que aparece no filme (Espasantes, Pantón, Lugo) é que, xunto coa banda sonora de “El Muelle Records” é outro dos valores artisticos engadidos a curtametraxe.