PRENSA

“BARXACOVA” E “OS VESTIXIOS DO REINO MEDIEVAL NA CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA” ADMITIDAS NAS CANDIDATURAS AOS “XXII PREMIOS MESTRE MATEO”

“BARXACOVA” e OS VESTIXIOS DO REINO MEDIEVAL DE GALICIA NA CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Premio Fondos Reino Medieval 2021-22 pola Deputación da Coruña, foron seleccionadas coma candidatas os “XXII Premios Mestre Mateo” da Academia Galega do Audiovisual nas categorías de “Mellor Curtametraxe Ficción” e “Mellor Documental”

“BARXACOVA” é unha curtametraxe con interpretación do actor Alfonso Míguez e guión de Xosé Gallego baseado nos textos de Albert Camus “Calígula” e “O Estranxeiro” íntegramente filmada en espazos naturais de gran beleza da Ribeira Sacra.

“OS VESTIXIOS” é unha curtametraxe que tenta expoñer os antigos vestixios do reino medieval de Galicia que todavía existen na Catedral de Santiago de Compostela.

Ao igual que no filme documental de Werner Herzog “A cova dos soños esquecidos”, a actriz Melania Cruz entra na Catedral coa única luz dunha linterna co fin de desvelar os tesouros do antigo Reino (a Cripta, a nave central, o Panteón Real e o Pórtico da Gloria) ao mesmo tempo que unha recoñecida experta na materia, a catedrática e investigadora da Facultade de Historia de Arte na U.S.C. Rocío Sánchez Ameijeiras, vai dando conta dun período tan escuro como esencial na construcción do templo compostelá.