O 11.08.23 tivo lugar a preestrea de “BARXACOVA“ no cinema de verán de Parada de Sil (Ourense)
O acto contou coa presenza da directora do filme, Rosa Taboada, o actor Alfonso Míguez e o guionista Xosé Gallego no que ofreceeron un coloquio posterior ao pase. O Concello de Parada de Sil apoiou de xeito directo a producción e o rodaxe na Necrópole de S. Vítor de Barxacova.
“BARXACOVA” foi seleccionada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) para formar parte do catálogo “SHORTS FROM GALICIA” con presenza no “45ème Festival du court métrage de Clermont-Ferrand”. Tanto na curta coma o cartaz conteñen imaxes de pinturas de Lesley Seeger, pintora británica que residiu na casa que aparece no filme (Espasantes, Pantón, Lugo) é que, xunto coa banda sonora de “El Muelle Records” é outro dos valores artisticos engadidos a curtametraxe.
Filmada en espazos naturais da Ribeira Sacra cunha equipa técnica moi reducida co fin de realizar unha produción sostenible e responsable co medio ambiente, a rodaxe tivo lugar en dous momentos estacionais (outono e primaveira) que recollen a beleza da paisaxe e a converten nunha protagonista mais da historia.